gonzalo-baleato1558951351 Gonzalo R Baleato

Erea nunca se imaxinaría que a maior sorpresa que puido recibir polo seu 13 cumpleanos fora haber vivido unha extraordinaria aventura nun mundo dentro do seu mundo, coñecendo novas formas de vida e comprendendo que aínda que algo se descoñeza, non implica que non exista.


Conto Todo o público.

#bajo-tierra #aventuras #animales #bestias
Conto
0
3.6mil VISUALIZAÇÕES
Completa
tempo de leitura
AA Compartilhar

As aventuras de Erea

Era o décimo terceiro aniversario de Erea; unha rapaza de cabelo longo, face clara e con un carácter tan forte que nunca se deixou intimidar por ninguén, e máis, impoñía respecto aló a onde ia.

É a pequena de tres irmás; sendo Irati a maior e Grabriela a mediana. Como con todos os irmáns, sempre existen ocasións nas que o pasan pelexando e nas que o pasan discutindo. Pero o que sempre prevalece entre elas é o amor.

Ese día a noite, Erea saíu o xardín da súa casa e sentouse no banco de pedra que hai debaixo de unha arbore da especie do plataneiro, mirou o horizonte e todo o ceo estaba cuberto por unha inmensa capa de nubes. Tras uns minutos admirando ese belo paisaxe, un enorme estrondo fixo tremer tanto o terreo que ela pisaba que se orixinou unha gran fenda o seu lado e o cal caeu dentro. En algún momento debeu de perder o coñecemento, e cando o recuperou, encontrouse nun lugar no que nunca estivera. Un mundo cheo de criaturas estrañas e dignas de contos de fadas.

Erea incorporouse e mirou cara o ceo… ou terra, segundo se vexa, contemplando a fisura por onde se precipitou, e o baixar de novo a vista, a perplexidade do seu rostro reflectiu a situación máis desconcertante que na vida sufrira; con altas e maxestosas montañas, bestas navegando polo ceo e a terra e pradeiras cubertas por espesas arbores cruzadas por regachos de augas claras e cristalinas.

Ela non podía crerse onde estaba. Pero por moi fermoso que fose ese mundo, o único que pasaba pola súa cabeza era volver a superficie. Puido observar como a fenda que cruzaba o ceo se ía cerrando pouco a pouco, cousa que fixo que tremera de medo porque iso significaba que se podía quedar atrapada en ese lugar para sempre, por ese motivo tivo que darse presa.

Despois de moito cavilar e botarlle unha ollada a todo o que lle rodeaba, advertiu o lonxe unha gran arbore que se estendía ata o límete da brecha, e sen pensalo moito máis botou a correr. Apenas dous minutos despois escoitou un espantoso son detrás de ela, e en canto xirou a cabeza viu que unha enorme fera a perseguía. En ese preciso instante aumentou a velocidade de ese ser, e por conseguinte Erea tamén acelerou co único desexo de salvarse. Entón unha especie distinta moito máis grande e aterradora que a anterior, emerxeu diante de ela, facendo que freara en seco e escorregase polo chan. Tiña a escasos centímetros as fauces do animal, e en canto este as abriu emitindo o maior ruxido que nunca escoitou, xa se decatou de que ia a ser devorada polas dúas alimañas. Tivo que cerrar os ollos para non ver a súa fin. Sen embargo, un novo son oíu, foi como se algo impactase con algunha outra cousa, e o abrir os ollos de novo, viu como o ser que a perseguía estaba a atacar a outra. Mentres eses dous titáns estaban a forcexar, Erea viu que era o momento de fuxir, e así fixo. Tremíanlle tanto as perna que lle custaba correr, mais o afán pola supervivencia era maior.

A fenda do ceo seguíase pechando, e a rapaza xa estaba perdendo a esperanza de poder saír de alí.

Cruzou todo un monte sen mirar para ningún outro lado que o que tiña fronte a ela, por sorte nada lle sucedeu a pesar de ter sentido como o follaxe crepitaba o seu redor. Atravesou un fermoso campo de flores iluminado por un séptuplo sol imposible segundo as leis da física, pero aí estaba. De ese verde e inmenso campo voaban uns extravagantes insectos de cores nunca antes vistos, como case todo en ese lugar. O único normal que habitaba ese sitio era a vexetación, bastante similar as da superficie do seu mundo.

Xa estaba a poucos metros da inmensa arbore que tiña que trepar para saír de aí, o malo e que non lle ía dar tempo a chegar. Aínda así quixo intentalo, e fixo con todas as súas forzas, tanto que a metade do camiño perdeunas todas, soltándose das ramas e caendo de novo inconsciente o chan. Os poucos segundos espertou, e non puido imaxinar onde se atopaba; o abrir novamente os ollos, a besta que a perseguira estaba a mirala fixamente. Erea decatouse de que estaba pousada nos fociños do animal, e quedou paralizada polo medo. De pronto ese ser baixou a cabeza e con gran potencia volveuna a subir lanzando a rapariga polo aire en dirección a fisura. Durante o tempo do traxecto, Erea observou como o animal a observaba a ela con unha expresión semellante a un sorriso, e co cal se deu conta de que o que quería era axudala. A rapaza cruzou a fenda xusto uns segundos antes de que esta se pechara, e unha vez feito, a aventura rematou.

O mesmo día que Erea cumpriu trece anos, sucedeu algo que nunca antes na historia da humanidade ocorrera, e foi algo que ela nunca esquecería, tanto que desexaba que volvese a pasar.

Nese intre súa nai chamou por ela para que entrase a casa, e xunto os seus pais e as súas irmás sentouse no sofá a ver a tele, pero ela so mirou pola fiestra, vendo o lugar onde empezou todo e recordando a gran aventura que viviu.

11 de Junho de 2020 às 20:54 0 Denunciar Insira Seguir história
0
Fim

Conheça o autor

Gonzalo R Baleato Hace años que escribo. Supongo que prefiero vivir historias en donde todo es posible, a no ver otra cosa más que una realidad corrompida por cuentistas que solo insisten en manipular la verdad. Y estoy orgulloso de cada palabra que un día plasmé en papel.

Comente algo

Publique!
Nenhum comentário ainda. Seja o primeiro a dizer alguma coisa!
~