enoid Uxío Fervenza

Traducción ao galego de 'Esclavos', do mesmo autor, conta as vivencias de 3 homes que viven a escravitude dende tres puntos de vista diferentes, axinha o destinho úneos nas peores circunstancias, e descobren que, na escravitude e na guerra, non realmente tan diferentes.


Historique Interdit aux moins de 18 ans.

#Historia-da-Violencia
1
1.3k VUES
En cours - Nouveau chapitre Tous les 15 jours
temps de lecture
AA Partager

Illa de Gorée

A illa de Gorée, o 24 de agosto de 1994, a calor é asfixiante, case densa, esta illa pertencente a Dakar, a capital do Senegal, é hoxe en día unha visita turística obrigada, con máis visitantes brancos ca negros, coa auga que sae e cae por cada un dos seus poros, empapando as camisetas e camisas curtas soltas e finas, con shorts, chanclas, pantalóns curtos de bermuda, gorras de baseball e sombreiros de palla, con vestidos e saias con motivos florais tropicais, para moitos iso era un factor de aventura, as estampas tropicais de palmeiras son un factor que as mergulla na aventura africana, os nenos corren dun lado para o outro tentando vender brazaletes feitos con cordóns de cores e cunchas marinhas ratando de vender as súas obras ou simplemente estiran as mans á procura de esmola, debuxando sorrisos de esperanza, pedindo cartos a todos os pálidos suados que atopan.


Un grupo de turistas seguen a un vello guía subsahariano entre os edificios, esta illa era, no seu día, un lugar onde se acumulaban escravos antes de vendelos como gando a América, un lugar onde os brancos vinhan cos seus barcos a recollelos coma se fosen unha colleita, o fogar da perfidez, de familias destrozadas pola pura avaricia, de asasinatos brutais, de xenocidio contra África, un lugar onde os encargados violaron a nenas menores de idade, en ocasións de once ou doce anos, nas súas habitacións, mentres os seus pais recibían paus se protestaban, se estaban presentes, claro.


- Aquí, señores, están as celas dos escravos que Francia vendeu, durante tres séculos, ata 1848, aos mercados dos Estados Unidos, do Caribe e do Brasil, aquí comerciaban con persoas secuestradas das súas tribos, calcúlanse uns vinte millóns de persoas vendidas como gando, esta é a "Maison des Esclaves" construída en 1.776 ...


A Casa dos Escravos é un edificio icónico para os turistas, hai moitos máis, pero este, con dúas escaleiras curvadas aos lados, ascendendo ao piso superior, ao que se accede dende unha pequena praza interior, é moi coñecido, con paredes e as escaleiras en si, pintadas de cor rosa, máis ben salmón, gardan na súa planta baixa as celas onde homes, mulleres e nenos se amontoaban, en condicións similares ao gando, seres humanos que vivían e durmían no mesmo lugar que ourinhan e defecan.


Entre a multitude, un home alto e delgado cunha camisa azul de manga curta de duas tallas máis grande a súa, cheo de debuxos de flores de diferentes tons de vermello dende a metade cara abaixo, cun sombreiro de palla esgazado nos bordos dunha tonalidade clara, lentes rectangulares, marco metálico, nariz grande e perfil irregular, coma se estivese rota e non se curasen correctamente, mandíbula cadrada, pómulos grandes, pelo castaño con anas, gris, pnatalóns vaqueiros curtos ata o xeonllos, coas pernas pálidas e peludas, rematadas en zapatillas de cor laranxa, unha mochila negra pende do seu ombreiro dereito pola correa dese lado, leva dous días sen se afeitar e ten unha cicatriz debaixo do ollo esquerdo, semella a ser froito dun corte vertical e unha queimadura, pola súa forma e irregularidade.


- ¿E a lenda do escravo fantasma que regresou de América para matar aos escravistas franceses na illa? Estou investigando, para un xornal londiniense, din que volveu de Cuba ou Estados Unidos e cometeu todo tipo de atrocidades durante dúas noites cos escravistas franceses e os seus capatazes árabes, que os mataron, torturaron, empalaron, queimaron ...


Ante tal pregunta, que fai en voz alta, todos os presentes no grupo fican en silencio, o guía olla cara él, leva na man dereita unha bandeira de plástico azul, a barba rizada branca e o pelo moi curto e moi rizado. Tamén é branco e fala inglés, aínda que cun acento estranxeiro, cortou a explicación ao público cando comezou a subir a escaleira esquerda e tivo dous chanzos cara arriba, mirando cara ao grupo ao pé da escaleira e responde co seu acento estranxeiro, indignado.


- Senhor, estou falando de cousas reais, cometéronse atrocidades aquí, as túas fantasías pódense buscar con santeros e bruxas se queres en Dakar cando regresemos.


Os murmurios dos presentes reinícianse de novo e recuperan axinha o seu bullicio habitual, ignorando a pregunta deste home, que ten no seu pulso esquerdo un reloxo dixital de plástico negro e un papel na man, que guía aos turistas, dirixenos coma o rabanho, como el quere.


- Senhor, senhor, ven que che conto, conhezo esa lenda, viu de América, unha pantasma, viu na procura da súa tribo, da súa familia, e cando atopou aos franceses e non á súa tribo, masacraunos a todos. perseguido ao redor da illa, non tivo piedade, morreu en América e volveu coidar da súa tribo, como todos os espíritos da tribo, cando alguén morre na tribo, permanece coa tribo ata a fin dos tempo, a tribo non estaba, había so brancos e os seus servos árabes, el castigounos.


Un home de cor, sobrepasando os corenta anos, como quen facía esa estraña pregunta, peito delgado e afeitado, barba, pelo, cos ollos negros abultados, cargado nos dous brazos con colares, pulseiras, sentado nunha alfombra en que, diante, hai todo tipo de estatuas e tallas de madeira, aproximadamente representando formas de animais de diferentes tamaños, con madeiras de diferentes tons.


- Desculpe señor, pero o que busco é o home que xerou esa lenda, estou farto de lendas, non solto máis cartos a cambio dunha lenda.


- Teño o teu rexistro, era un home de verdade, vendérono aos espanhois, tenho o rexistro e o informe dese home, prométocho ¿Cal é o teu nome?


O acento africano das súas palabras en inglés é tan evidente como o seu entusiasmo, pero o home branco é quen de entendelo, chamoulle a atención e, agora, avanza cara a el, cruzando os membros do grupo que, como un rabanho, seguen ao pastor que os guía cara ao piso superior, traballo doado e repetitivo, todos os días fai o mesmo, di o mesmo e lévaos aos mesmos lugares seguindo o mesmo percorrido, lévaos agora a facer un percorrido polo lugar onde o prezo do escravos era discutido mentres compradores e vendedores observaban o material e a súa calidade. O home branco avanza cara ao negro coma se atopase o que está a buscar, coma se fose un guía no deserto, o di alto e claro, co risco de que o difícil acento do africano fose tan duro como o seu entendemento.


- O meu nome é Jake Miller.


Logo dun tempo, Jake Miller e o seu amigo, que ben podería ser alguén que só está tentando enganalo, están nunha habitación sombría doutro edificio da illa turística, reconhecido como Patrimonio Mundial da UNESCO, entre paredes vermellas, cunhas amplas manchas ocres, do teito de cor branca pende un ventilador con cinco enormes pas de plástico branco que xiran sen fin, calmando aos presentes. Unha mesa de madeira no centro da sala apoia unha serie de documentos antigos, quebrados nos seus bordos, desgastados e con tons de beis e ocres, escritos a man e cunha pluma, con selos de cera na súa dereita inferior, en vermello.


Jake Miller entra por unha porta que case ocupa ese lado da parede, o lado dereito da camisa vai fóra do seu pantalón, o lado esquerdo dentro, amosando o seu cinto de coiro negro e a súa hebilla en relieve coa bandeira do Reino Unido, en cor de prata, leva agora unha gran cámara negra cun teleobxectivo xeneroso. No outro lado da mesa hai unha senhora sentada nunha cadeira de plástico, típica de terrazas ou praias, gorda, redonda, desafiando a resistencia das patas do seu asento branco, cun vestido de motivos florais rouxo que lle chega ata os pés, de cor marrón e cun estampado de flores brancas que semellan algo aos lunares, cun queixo comparable ao dunha iguana e meixelas precipitadas pola gravidade, anciá co pelo gris nun monho e cuberta cun pano verde, ollos negros como o petróleo, a súa pel non é moito máis clara, as pálpebras tamén renden homenaxe á gravidade e ve a Jake Miller entrar diante dela, coa mesa polo medio, descalza e con moscas voando por todas partes que ignora fóra do costume.


- Mira amigo, mira isto é o que temos, estes non interesan a ninguén, din que non tenhen nada que ver coa lenda, para min é moi importante, é a lenda dun home que chegou a vingarse dos que o venderon, e creo que é certo, que un espírito veu coidar da súa xente e que esta é a proba. ¿Canto me vas pagar, amigo?


O home que chamou a atención de Miller entra por detrás, pásalle á dereita, sorrí, atopou hoxe un negocio, quizais despois de Miller xa non traballe hoxe, move as mans, vai darlle o mellor servizo que poida. Debeu mudarse de roupa e gardar os seus artigos, agora leva uns pantalóns curtos de praia, de cor laranxa con palmeiras verdes debuxadas e, nos pés, leva chanclas de goma, de cor azul azulado, vellas e desgastadas, ten un amplo sorriso que nin sequera podía cubrir unha man aberta cos dedos estendidos, amosando todos os dentes, un branco que contrasta coa súa pel marrón.


- Dareiche dúascentas libras esterlinas se me mostras o documento co nome de Djongo antes da construción da Casa dos Escravos en 1.776.


- Ah, entra, esta é miña nai, nomes coma os de Djongo desapareron antes do século XIX, coa desaparición da tribo Dzengi a mans dos comerciantes de escravos, aquí o home que fixo incursións na xungla para atrapalos. O seu nome era Ahmed Ouazzani, e o capataz do barco era do noroeste de España, Brais Segade, quen os introduciu no barco e encargouse do transporte, de fixar os prezos de venda ...


Ese documento chama de inmediato a atención de Miller, que estaba inmerso en facer fotografías dos documentos, parécenlle verdadeiros tesouros, cunha pose profesional e sostendo a cámara coa delicadeza que o seu aparente prezo merecía, coas dúas mans, é exaltado ao oír eses nomes.


- Onde? Onde? É a primeira vez que teño eses tres nomes no mesmo documento, seguín a pista de Brais Segade dende Betanzos, embarcouse na Corunha e viaxou á Habana no 1.774, contratado alí nun barco escravío destinado ás Illas do Cabo Verde, Ahmed Ouazzani foi usado como tradutor cos franceses, o único que sei é que vén do Tánxer espanhol na mesma empresa que Brais e que fixo incursións no Senegal en busca de escravos.

9 Juillet 2020 21:52:13 0 Rapport Incorporer Suivre l’histoire
1
Lire le chapitre suivant Inmundicia

Commentez quelque chose

Publier!
Il n’y a aucun commentaire pour le moment. Soyez le premier à donner votre avis!
~

Comment se passe votre lecture?

Il reste encore 11 chapitres restants de cette histoire.
Pour continuer votre lecture, veuillez vous connecter ou créer un compte. Gratuit!